Obxectivos
RELACIONADOS COAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO
- Atender as necesidades da vida diaria das persoas usuarias do servizo en situación de dependencia, posibilitando que permaneza no seu fogar o maior tempo posible.
- Promocionar e/ou mellorar a autonomía persoal e psicococial das persoas usuarias do servizo, en situación de dependencia.
- Previr posibles situacións de dependencia e/ou agravamento da situación de dependencia das persoas usuarias do servizo .
RELACIONADOS COAS/OS PROFESIONAIS DO SERVIZO
- Promocionar a formación continuada das profesionais.
- Promover a calidade no traballo profesinal das auxiliares.
RELACIONADOS COA EMPRESA:
- Adaptarse á normativa vixente para obter un servizo de calidade e en calidade
- Promocionar o crecemento da empresa tanto en persoas usuarias coma en persoal contratado.
RELACIONADOS COAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO
- Atender as necesidades persoais, domésticas e psicosociais das persoas usuarias do servizo.
- Fomentar o benestar físico e emocional das persoas usuarias do servizo.
- Promocionar as relacións interpersoais e a participación na comunidade das persoas usuarias do servizo
- Achegar información e orientación sobre os recursos e prestacións máis indicadas para garantir e/ou mellorar a calidade de vida das persoas usuarias do servizo.
- Realizar control e seguimento dos servizos contratados
RELACIONADOS COAS/OS PROFESIONAIS DO SERVIZO
- Promover o acceso das auxiliares ás probas cara á mellora da súa cualificación profesional
- Perseguir a formación e continuidade dunha equipa profesional e coordinada.
- Realizar control e seguimento de casos cara a mellorar a calidade das intervencións.
RELACIONADOS COA EMPRESA:
- Realizar controles e supervisión continuada da calidade do servizo
- Analizar debilidades e fortalezas da empresa para conseguir una empresa proactiva.