Servizos
Son destinatarias do servizo ANIDROM, todas aquelas persoas en situación de dependencia e/ou maiores de 65 anos que precisen coidados e/ou axuda nos seus domicilios para realizar tarefas básicas da vida diaria e para previr posibles situacións de dependencia e/ou agravamento da súa situación de dependencia .

Como fundamento e exemplo, cara a amosar o que consideramos debe guiar o noso traballo, recollemos unha relación dos Dereitos da persoa en situación de dependencia, do manual formativo editado pola Xunta de Galiza e que ANIDROM subscribe completamente.
- A acceder en condicións de igualdade ás prestacións e servizos que contempla a lexislación.
- A gozar dos dereitos humanos e liberdades fundamentais, con pleno respecto á súa dignidade e intimidade.
- A recibir, en termos comprensibles e accesibles, información completa e continuada relacionada coa súa situación de dependencia.
- A que se respecte a confidencialidade dos seus datos.
- A decidir, en canto teña capacidade de obrar suficiente, sobre a súa persoa, bens e patrimonio e prever accións para cando lle falte o autogoberno.
- A decidir libremente sobre o ingreso nun centro residencial.
- A non recibir discriminación de trato e atencións.
- A aplicar as prestacións e servizos obtidas da Administración para aquilo para o que foron outorgadas.
- A ser informado do diagnóstico no grao que desexe.
- A ter acceso a coidados sociosanitarios axeitados.
- A participar nas decisións que lle incumben á súa persoa.
- A permanecer activo no traballo, no ocio e na vida diaria o tempo que lle sexa posible.
- A ser tratado con dignidade.
- A expresar sentimentos e que llos teñan en conta.
- A vivir nun contorno familiar e social seguro, estable e estruturado.
- A manter actividades estimulantes.
- A saír regularmente á rúa.
- A recibir afecto con contacto físico: bicos, caricias, abrazos…
- A ser atendido por persoas capacitadas para o coidado.
- A que respondan as súas preguntas e a non ser enganado”